miércoles, 2 de diciembre de 2009

LA LLAVE

LA LLAVE de Ferrol

Na zona de Ferrol a Chave ten unha soa pa (ou aspa), con forma de dobre lengüeta vertical, que vira
sobre dun eixo horizontal apoiado nunca forquita. A Chave mide 52 cm. de alto (23 cm. de forquita e 29 do espeto que vai ao chan). A forquita tén un vao (de 20 cm.) entre gallas (de 4 por 2 cm. de ancho) no que vira a pa (de 36 cm. de longo por 8 cm. de ancho).
Xógase con cinco pellos de 8 cm. de diámetro por 2 cm. de espesor, cun peso de 750 gr.
A liña de lanzamento está situada a 10,5 m. da Chave, en paralelo a esta.
As normas polas que se rexe este deporte tradicional na comarca de
Ferrolterra son:

  • Xogase en equipos de tres xogadores.
  • Cada xogador pode ter os seus pellos, que deberán ser iguais.
  • Mentres un xogador lanza, outro do seu equipo estará situado a carón da Chave, para colocar esta na posición que máis lle conveña ao seu compañeiro; tamén para recoller os pellos cando lle toque lanzar.
  • Cada partida consta de dous xogos e cada xogo vai a seis mans, lanzando cada xogador cinco pellos en cada man. Treinta lanzamentos en cada xogo, e dicir, sesenta lanzamentos por partida.
  • Establécese unha orde para os lanzamentos
  • Os equipos lanzarán alternativamente (cinco pellos un xogador dun equipo e despois outros cinco o do outro equipo). Non se pode mudar a orde de lanzamento. Para que unha chave sexa válida, a pa terá que dar unha volta completa.
  • Se o pello rebota no chan, non será válida a chave; pero será válida se o pello bate en calquera parte do armazón e despois fai virar a aspa.
  • Cada chave lograda vale un punto. Se houbese empate, seguirán lanzando mans iguais ata desempatar.
Llave de Ferrol


LA LLAVE de Ourense

En Ourense xógase coa Chave de pas horizontais. É un obxecto de ferro cun eixo groso duns 75 cm de lonxitude. Na parte superior leva unha, dúas ou tres aspas (ou asas), que viran en sentido horizontal; son de diferente lonxitude, situándose a máis pequena arriba e a máis grande abaixo. O eixo, polo extremo contrario está afiado, para poder espetalo no chan. Os pesos (ou pellos) miden 6 cm de diámetro e 18 mm de groso.

O terreo de xogo é unha explanada de 20 m de lonxitude. A liña de lanzamento está situada entre 20 e 30 pasos da Chave. As normas básicas polas que se rexe o xogo en Ourense son:

  • Normalmente xogan dúas ou tres parellas, aínda que pode xogar só unha. Cada xogador lanza catro pesos en cada man do xogo.
  • As partidas xóganse a un número de xogos acordado de antemán, tendo 60 tantos cada xogo (30 de malas e 30 de boas).
  • Os tantos conséguense por bater nas aspas ou por proximidade ao eixo.
  • Cada vez que se bate nas aspas súmanse 8 tantos e súmase un punto polo peso máis próximo ao eixo.
  • En cada quenda de lanzamentos, os tantos iguais dun e outro xogador anúlanse; tan só se anotan os tantos excedentes, se é que os houbese. En cada quenda pódense anotar 8 ou 16 puntos de Chave (por bater nas aspas) e 1 por achegamento ao eixo. Se un xogador bate cos dous pesos fai unha “xemelga”.
  • Se o contrario bate só unha vez, contabilizará 8 puntos o primeiro e 1 punto o que deixara o peso máis próximo ao eixo.
  • Cando ningún xogador bate nas aspas poden anotar dous puntos (se os dous pesos dun mesmo lanzador quedan máis próximos ao eixo) ou ningún (cando un peso de cada xogador está máis próximo ao eixo).

Llave de Ourense

LA LLAVE de Santiago

En Santiago, a distancia entre a base da Chave e a liña de lanzamento será de 14,20 metros, debéndose situar o xogador que lanza os Pellos (ou pesos), por tras da liña.
A Chave será unha peza de ferro en forma de punta de lanza rústica ou lingua, que remata estreitándose na súa base.
Os pellos serán redondos e planos, alisados polas dúas caras, debendo ter de 500 a 550 gramos de peso.
En cada partida han participar obrigatoriamente catro xogadores, emparellados dous a dous.
Cada xogador lanzará dous pellos por tirada.
Os pellos que non atinen na Chave hanse contabilizar por tantos (cada peso un tanto) por proximidade coa chave.
A puntuación oficial de cada partida é de 100 tantos.
Cada pello que golpee na Chave terá gañado un valor de 8 tantos, tendo que ser o lanzamento directo, sen rebotes nin ter petado antes no chan ou no cepo.
Non é preciso derrubar a Chave para contabilizar unha diana; abonda con rozala. Só se contabilizará cando o pello golpee directamente sobre a chave e esta sexa derrubada cara atrás.
O sistema de anotación consiste en descontar os tantos conseguidos dos acadados polo xogador do equipo contrario.
No caso de empate atirarán novamente, comezando a parella que tivese máis tantos.
Os xogadores observarán unha conducta correcta de deportividade e respecto cara os contrarios, nomeadamente no momento de lanzar os pellos, debéndose separar como mínimo 2 metros e manténdose fóra da liña de lanzamento en silencio.
Do mesmo xeito, os que estean colocando a Chave gardarán unha distancia semellante e non farán xestos nin movementos que poidan distraer ou molestar ao lanzador.

Llave de Santiago

No hay comentarios:

Publicar un comentario